Risultati da 1 a 5 di 5

Discussione: Novas dae Galiza

  1. #1
    Acer monspessulanum L.
    Data Registrazione
    03 Dec 2003
    Località
    Simaxista (orientamentu politigu)
    Messaggi
    758
     Likes dati
    0
     Like avuti
    0
    Mentioned
    0 Post(s)
    Tagged
    0 Thread(s)

    Predefinito Novas dae Galiza

    Notizie dalla Galiza.

    Si sa che in Sardegna i peggiori nemici dell'indipendentismo
    sono i sardi unionisti. Lo stesso vale in Galizia.
    Il 12 ottobre (oggi) il presidente del "consiglio della corporazione municipale" di La Coruna Francisco Vazquez,
    collocherà in città una bandiera spagnola di enormi dimensioni che annuncerà la celebrazione del giorno delle forze armate spagnole: "Día de la Hispanidad, de la Raza ou Fiesta Nacional". Con questa azione continua la sua particolare politica di spagnolizzazione antigaliziana.
    I giovani di Galiza Nova (movimento giovanile del BNG-Bloque Nacionalista Galego), denunciano questa imposizione antidemocratica.

    Sardigna-Galiza: Mesmo berce mesma loita!
    Deixade a xente que pola sùa terra loite
    Sardigna nunca ha de apaga-lo seu fol!




    O alcalde da Coruña continúa a súa cruzada antigalega


    Incapaz de mudar a súa mentalidade profundamente españolista, impositiva e reaccionaria e de abandonar as súas “cosas de Paco”, o alcalde da Coruña Francisco Vázquez continúa coa súa particular cruzada españolizadora e antigalega e vén de concretar a colocación na Coraza do Orzán, en pleno Paseo Marítimo, da bandeira española de grandes dimensións que xa anunciara logo da celebración do Día de las Fuerzas Armadas españolas na cidade herculina o pasado 29 de maio. A data escollida para a súa colocación, por suposto non por casualidade, o 12 de outubro, Día de la Hispanidad, de la Raza ou Fiesta Nacional, como se prefira.

    Mais non se trata dunha simple homenaxe e ostentación puntual da bandeira española nun día concreto: deixando ben clariño para que se pon e que representa realmente, Francisco Vázquez vén de anunciar que a bandeira ondeará os 365 días do ano no enorme mastro xa colocado hai meses, converténdose así en parte inevitábel da xeografía urbana coruñesa.

    As reaccións a tal anuncio non se fixeron agardar e até nos foros dun xornal tan pouco sospeitoso como La Voz de Galicia ficou claro que unha maioría de internautas rexeitan o proxecto pacovazquiano. Galiza Nova non ficou á parte do debate social creado na cidade. A nosa organización rexeita frontalmente a colocación desta bandeira e asocia claramente a súa instalación ao proceso de españolización forzosa da Coruña que Francisco Vázquez ten posto en marcha, e que tivo nos últimos tempos os seus exponentes máis salientábeis na celebración do Día de las Fuerzas Armadas españolas o pasado 29 de maio, nas touradas que cada ano lapidan millóns de euros do orzamento municipal e impiden unha mellora dos festexos de María Pita ou, máis sistemática no tempo, na “guerra do topónimo” como parte da persecución a que é sometido o galego por parte do goberno municipal. Esta vaga españolizadora ten a súa orixe na maniática obsesión pacovazquiana de reafirmar o carácter español da cidade e negar, agachar ou destruír a innegábel galeguidade que A Coruña encerra.

    Á nosa organización non lle preocupa o feito en si da colocación dunha bandeira española nun lugar céntrico dunha cidade senón a significación que a devandita bandeira ten tras de si: neste caso- xa se encargou o propio Francisco Vázquez de clarexalo- trátase de afirmar “a indivisíbel unidade de España” e, sobre todo, de negar a Galiza como nación. Para Galiza Nova esta bandeira cobra exactamente a mesma significación ideolóxica que o famoso “L” do topónimo.

    Desde Galiza Nova queremos, así mesmo, denunciar a imposición antidemocrática que é, de facto, a colocación desta bandeira nun lugar ben céntrico da cidade non escollido precisamente por casualidade e a actitude impositiva de Francisco Vázquez afirmando “por decreto” que a bandeira española representa a todas e todos os coruñeses. Sen entrar a valorar o feito de que un sector da cidadanía poida partillar desta afirmación, é innegábel que un outro segmento a rexeita claramente. En calquera caso, o alcalde non debe esquecer que ter maioría absoluta non lle dá dereito ningún a actuar como un tirano.

    Desde Galiza Nova animamos á mocidade coruñesa e galega, e á cidadanía en xeral, a respostar contra esta imposición e mobilizarse socialmente contra ela participando das iniciativas que se convoquen.

    www.galizanova.org

  2. #2
    Registered User
    Data Registrazione
    11 Jun 2004
    Località
    Anglona-Sardinnya-Europa-Mundu
    Messaggi
    1,183
     Likes dati
    0
     Like avuti
    0
    Mentioned
    0 Post(s)
    Tagged
    0 Thread(s)

    Predefinito

    apo iscritu in sardu a sos frades galitzianos cun pagas peraulas simples, ki podent cumprendere totus, su matessi sentimentu de libertade ki nos acomunat...

    sardinnya libera

  3. #3
    Acer monspessulanum L.
    Data Registrazione
    03 Dec 2003
    Località
    Simaxista (orientamentu politigu)
    Messaggi
    758
     Likes dati
    0
     Like avuti
    0
    Mentioned
    0 Post(s)
    Tagged
    0 Thread(s)

    Predefinito Nazionale di calcio gallega

    Anche la Galizia avrà la sua nazionale di calcio.
    Sognando la nostra nazionale e un torneo con tutte le
    nazionali delle nazioni senza stato!!!




    Galiza defenderá as súas cores no seu debut como selección nacional contra Uruguay

    Ánxela Bugallo e Santiago Domíngguez apresentaron a camiseta oficial que se poderá mercar a partires do vindeiro mes

    Santiago de Compostela, 12 Outubro 05.- A selección galega de fútbol debutará o 29 de Decembro nun partido no que defenderá as súas cores fronte a outro combinado nacional o uruguaio. Será ás 20.30 h no Multiusos de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

    Asi o anunciou na apresentación da camiseta oficial do equipo, o Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, quen asegurou que tan só falta asinar o contrato, pero todo parece apuntar que a noticia se confirmará deseguida.

    Durante a apresentación do equipamento da selección de Galiza, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, agradeceu ao equipo da empresa Revisión, encargada do deseño da vestimenta do combinado galego, a súa "aplicación" neste proxecto.

    Bugallo non puido reprimir o seu entusiasmo ao dicir "Por fin, xa temos as nosas cores", ao tempo que amosou o seu desexo de que o equipo una a toda Galiza.

    Nesta mesma liña, o Director Xeral de Deporte apuntoui que se trata dun "día especial" ao poder apresentar a imaxe da selección galega de fútbol e cumprir cunha iniciativa "moi demandada" polos galegos e polo deporte do país. Domínguez Olveira animou, ademais, a toda a afección a acudir no día do debut.

    www.bng-galiza.org

  4. #4
    Acer monspessulanum L.
    Data Registrazione
    03 Dec 2003
    Località
    Simaxista (orientamentu politigu)
    Messaggi
    758
     Likes dati
    0
     Like avuti
    0
    Mentioned
    0 Post(s)
    Tagged
    0 Thread(s)

    Predefinito


  5. #5
    Acer monspessulanum L.
    Data Registrazione
    03 Dec 2003
    Località
    Simaxista (orientamentu politigu)
    Messaggi
    758
     Likes dati
    0
     Like avuti
    0
    Mentioned
    0 Post(s)
    Tagged
    0 Thread(s)

    Predefinito Re: Novas dae Galiza

    Originally posted by Taniei



    Il 12 ottobre (oggi) il presidente del "consiglio della corporazione municipale" di La Coruna Francisco Vazquez,
    collocherà in città una bandiera spagnola di enormi dimensioni che annuncerà la celebrazione del giorno delle forze armate spagnole: "Día de la Hispanidad, de la Raza ou Fiesta Nacional". Con questa azione continua la sua particolare politica di spagnolizzazione antigaliziana.
    I giovani di Galiza Nova (movimento giovanile del BNG-Bloque Nacionalista Galego), denunciano questa imposizione antidemocratica.
    scusate se passo da un argomento all'altro,
    finalmente ho trovato la cronaca della giornata di ieri.....
    un militante di AMI Assembleia da Mocidade Indipendentista
    è rimasto ferito durante le cariche della polizia
    alla manifestazione di protesta contro Francisco Vasquez.
    Sapevo ci fosse qualche mobilitazione
    ma non pensavo addirittura a degli scontri.....
    questo mi fa capire quanto la repressione coinvolga tutto
    il territorio dello stato spagnolo.





    Militante da nossa organizaçom detido hoje na Corunha
    12/10/2005
    A manifestaçom convocada na manhá de hoje em protesto polo inçamento da bandeira espanhola no passeio do Orçám corunhês concentrou por volta de 150 pessoas no hotel Riazor, a escassos metros do lugar em que foi pendurada a enorme bandeira por orde de Francisco Vázquez. Durante o desenvolvimento do acto a polícia cargou contra @s assistentes em várias ocasions. Quatro pessoas feridas receberom assistência sanitária e, no fim da concentraçom, produziu-se a detençom de Joám B.F., militante da AMI.

    Por volta de 150 pessoas desde as 12hh da manhá de hoje concentrárom-se perto do lugar em que a bandeira se ergueu. Em todo momento um maciço número de agentes de choque impediu aos e às manifestantes através de várias cargas achegar-se ao lugar em que o Francisco Vázquez pendurou a bandeira. Umha vez que as pessoas concentradas entonárom o hino nacional marchárom em manifestaçom polas ruas da Corunha. Na praça de Ponte Vedra tivo lugar mais umha carga. Os agentes batérom em vári@s moç@s e detivérom momentos depois ao Joám.

    Quatro pessoas receberom assistência sanitária na Casa do Mar e no Juán Canalejo. O detido foi posto em liberdade com cargos a última hora de hoje. Os feridos e o organismo popular anti-repressivo Ceivar apresentarám várias denúncias contra os agentes implicados nos factos.


    O sítio web de Ceivar informa polo miúdo do acontecido.

    Tarde ou cedo havemo-la queimar!
    Paco Vázquez fora da Galiza!

 

 

Discussioni Simili

  1. Segunda tappa: A nosa terra Galiza Ceive
    Di Staff Radio nel forum Sardegna - Sardìnnia
    Risposte: 7
    Ultimo Messaggio: 27-02-06, 21:39
  2. ite novas?
    Di Perdu nel forum Sardegna - Sardìnnia
    Risposte: 1
    Ultimo Messaggio: 06-10-05, 11:39
  3. Elezioni in Galiza.
    Di tziku nel forum Sardegna - Sardìnnia
    Risposte: 1
    Ultimo Messaggio: 21-04-05, 18:57

Permessi di Scrittura

  • Tu non puoi inviare nuove discussioni
  • Tu non puoi inviare risposte
  • Tu non puoi inviare allegati
  • Tu non puoi modificare i tuoi messaggi
  •  
[Rilevato AdBlock]

Per accedere ai contenuti di questo Forum con AdBlock attivato
devi registrarti gratuitamente ed eseguire il login al Forum.

Per registrarti, disattiva temporaneamente l'AdBlock e dopo aver
fatto il login potrai riattivarlo senza problemi.

Se non ti interessa registrarti, puoi sempre accedere ai contenuti disattivando AdBlock per questo sito